Perseus Índice Estrelas principais | Obxectos notables de espazo profundo | Visualización gráfica | Mitoloxía | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións"The Deep Photographic Guide to the Constellations: PerseusMessier CatalogThe clickable PerseusStar Tales – Perseuse2332684ID00504804173853-6
AndrómedaAntliaApusAquariusAquilaAraAriesAurigaBoötesCaelumCamelopardalisCáncerCanes VenaticiCanis MajorCanis MinorCapricornusCarinaCassiopeiaCentaurusCepheusCetusChamaeleonCircinusColumbaComa BerenicesCorona AustralisCorona BorealisCorvusCraterCruxCygnusDelphinusDoradoDracoEquuleusEridanusFornaxGeminiGrusHérculesHorologiumHydraHydrusIndusLacertaLeo MinorLeoLepusLibraLupusLynxLyraMensaMicroscopiumMonocerosMuscaNormaOctansOphiuchusOriónPavoPegasusPerseusPhoenixPictorPiscesPiscis AustrinusPuppisPyxisReticulumSagittaSagittariusScorpiusSculptorScutumSerpensSextansTaurusTelescopiumTriangulum AustraleTriangulumTucanaUrsa MajorUrsa MinorVelaVirgoVolansVulpecula
Constelacións
magnitudemagnitude ap.constelaciónPerseoMedusaTolomeoAlgolchuvia de meteorosPerseidasβ Perκ Perι Perα Perσ Perν Perε Perγ Perτ Perη Perψ Perδ Per48 Perμ Perλ Perθ Perφ PerAndrómeda51 Andromedaeξ Perζ Perο Perρ Per16 Perπ PerPerseusZeusDánaegorgonaMedusaAteneaPegasusHadesAteneaHermesCepheusCassiopeiaAndrómedaPegasusCetus
Perseus
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Perseus | |
---|---|
Nome latino | Perseus |
Abreviatura | Per |
Xenitivo | Persei |
Simboloxía | Perseo |
Ascensión recta | 3 h |
Declinación | 45° |
Área | 615 graos cadrados Rango 24º |
Número de estrelas (magnitude < 3) | 5 |
Estrela máis brillante | α Per (Mirfak) (magnitude ap. 1.79) |
Choiva de meteoros |
|
Constelacións lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +90° e −35° Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de decembro | |
Perseus ou Perseo[1] é unha constelación do norte e representa a Perseo, heroe mitolóxico que decapitou a Medusa. É unha das 48 constelacións de Tolomeo así coma unha das 88 constelacións modernas. Nela está a famosa variable Algol (β Persei), e nela acontece a chuvia de meteoros das Perseidas.
Índice
1 Estrelas principais
2 Obxectos notables de espazo profundo
3 Visualización gráfica
4 Mitoloxía
5 Notas
6 Véxase tamén
6.1 Ligazóns externas
Estrelas principais |
α Persei (Mirfak ou Algenib), supergigante amarela de magnitude 1,79, o astro máis brillante da constelación a 590 anos luz.
β Persei (Algol), representa o ollo da Medusa. É prototipo de todo un grupo de estrelas variables eclipsantes. A súa magnitude aparente varía entre 2,12 e 3,39 nun período de 2,87 días. É unha estrela branco-azulada.
γ Persei, de magnitude 2,91 é un sistema estelar múltiple; as súas dúas principais compoñentes son unha xigante amarela e unha estrela branca.
ε Persei (Adid Australis), de magnitude 2,98, estrela branco-azulada.
ζ Persei (Menkib), a terceira estrela máis brillante de magnitude 2,84, unha superxigante branco-azulada a 980 anos luz.
η Persei (Miram), xigante laranxa de magnitude 3,76.
ι Persei, estrela amarela coma o Sol a 34 anos luz da Terra.
ξ Persei (Menchib), estrela de tipo espectral O. Pensase que é a que ilumina a nebulosa NGC 1499.
ο Persei (Atik), binaria espectroscópica de magnitude 3,83.
ρ Persei (Gorgonea Tertia), de magnitude variable entre 3,3 e 4,0, xigante vermella e variable semirregular.
τ Persei, binaria eclipsante, onde durante a eclipse de dous días de duración a súa magnitude baixa de 3,93 a 4,07.
53 Persei (d Persei), estrela de magnitude 4,81 prototipo das estrelas B pulsantes lentas.
X Persei, de magnitude variable de 6,1 a 7, é un sistema binario formado por unha estrela azul quente e unha estrela de neutróns.
GK Persei (Nova Persei 1901), nova descuberta no ano 1901.
HD 17092, xigante laranxa onde se descubriu un planeta extrasolar.
Obxectos notables de espazo profundo |
- h + χ Persei, dous cúmulos abertos (NGC 869 e NGC 884 respectivamente) dos máis fermosos que se poden observar con binóculos e pequenos telescopios. Atópanse a máis de 7.000 anos luz e están separados entre si varios centos de anos luz.
M34, de magnitude aparente 5,5, consta dunhas 100 estrelas dispersas nunha área maior ca da lúa chea. O seu diámetro real é duns 14 anos luz. M34 pódese ver con binóculos, pero é preferible utilizar un telescopio con poucos aumentos.
M76, nebulosa planetaria tamén chamada Nebulosa Dumbell Pequena ou Nebulosa Bolboreta, mide 65 arcsec e o seu brillo aparente é de 10,1.
NGC 1499, tamén chamada Nebulosa California, é unha nebulosa de emisión, difícil de ver a simple vista.
NGC 1333, unha nebulosa de reflexión e lugar de formación de estrelas.
NGC 1260, galaxia espiral que conten un dos obxectos máis brillantes do universo, SN 2006gy.
NGC 1275, conxunto de dúas galaxias distintas, unha diante da outra.
Radiogalaxia 0402+379, onde se descubriron dous buratos negros supermasivos orbitando entre si a só 24 anos luz.
Visualización gráfica |
As estrelas da constelación Perseus poden ser conectadas dun xeito alternativo.
O corpo de Perseus está formado polas estrelas β Per, κ Per, ι Per, α Per, σ Per, ν Per, e ε Per. α Per e β Per son de segunda magnitude. A estrela ε Per é de terceira magnitude.
As estrelas α Per, γ Per, τ Per, e ι Per forman a cabeza de Perseus: gamma Persei é de terceira magnitude. As estrelas γ Per, η Per, e τ Per forman o pucho (ou a cúspide do casco).
As estrelas α Per, ψ Per, δ Per, 48 Per, μ Per, e λ Per forma o brazo e man esquerda de Perseus: sendo δ Per de terceira magnitude.
As estrelas ι Per, θ Per, e φ Per forma o brazo e a man dereita. A man dereita de Perseus, φ Per, está tirando dun dos pés de Andrómeda (51 Andromedae), tentándoa de liberala. (Despois de liberala, casaría con ela.)
As estrelas ε Per, ξ Per, ζ Per, e ο Per forma a perna e o pé esquerdo de Perseus: sendo ζ Per de terceira magnitude.
Finalmente as estrelas β Per, ρ Per, 16 Per (con π Per) forma o pé e a perna dereita de Perseus.
Mitoloxía |
Perseus era un semideus fillo de Zeus e da mortal Dánae. Unha das súas máis coñecidas fazañas foi a de dar morte á gorgona Medusa, que tiña o poder converter en pedra a calquera só coa súa mirada. Utilizando o escudo de bronce de Atenea coma espello, partiu a cabeza de Medusa e fixo brotar o seu sangue da que naceu o cabalo alado Pegasus.
A constelación de Perseus representa a un guerreiro armado có casco de Hades, o escudo de Atenea, a espada e os talares de Hermes; que porta na súa man a cabeza de Medusa, o ollo da mesma é representado pola estrela Algol.
No esquema celeste, Perseus é incluído no conxunto que engloba a Cepheus, Cassiopeia, Andrómeda, Pegasus e Cetus.
Notas |
↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Perseus |
Ligazóns externas |
The Deep Photographic Guide to the Constellations: Perseus (en inglés)- SEDS' comprehensive Messier Catalog (en inglés)
The clickable Perseus (en inglés)
Star Tales – Perseus (en inglés)
|
|
Categoría:
- Constelacións
(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.260","walltime":"0.366","ppvisitednodes":"value":421,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":17453,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":706,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":12,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":5,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":1196,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":5,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 299.672 1 -total"," 51.00% 152.829 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 16.88% 50.582 1 Modelo:Listaref"," 16.77% 50.241 1 Modelo:Commonscat"," 15.81% 47.382 1 Modelo:Irmáns"," 15.26% 45.733 1 Modelo:Cita_web"," 14.79% 44.324 1 Modelo:Caixa_lateral"," 5.25% 15.744 1 Modelo:ConstelaciónsModernas"," 4.30% 12.881 1 Modelo:Navbox"," 1.95% 5.840 1 Modelo:Título_sen_retrouso"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.131","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3413453,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1302","timestamp":"20190919131547","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Perseus","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Perseus","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q10511","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q10511","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2008-07-26T16:28:01Z","dateModified":"2019-08-07T07:40:55Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/e/ef/Perseus_constellation_map.svg"(RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":135,"wgHostname":"mw1327"););